NOTA DE PRENSA
Unha vez máis se demostra que o concello do Valadouro segue sendo terceiromundista, este pasado domingo día 29 de marzo comezou a Fórmula 1 co primeiro Gran Premio de Australia e a súa retransmisión non se puido ver en todo o noso concello.
O Alcalde e o grupo de goberno municipal do PP teñen paralizada a posta en marcha da TDT no noso concello (cuxo acordo de posta en funcionamento está aprobado en pleno), a canle de televisión A Sexta non se ve tampouco en analóxico, é incrible que no ano 2009 e no século XXI exista tanto atraso na cobertura de televisión (como noutras materias) no Valadouro, así que os nosos mozos e maiores (non hai que esquecer que unha gran parte da poboación é maior de sesenta e cinco anos) non poden ver a Fórmula 1 só porque ao alcalde dálle a gana de non pór sequera unha antena para que A Sexta póidase ver en analóxica á espera da TDT, o apagamento analóxico definitivo esta previsto para o ano que vén pero no Valadouro seguro que a este paso quedaremos sen ver a televisión.
No concello de Cervo o apagamento analóxico xa se realizou o pasado 10 de Marzo (xa só ven a TDT), os concellos de Foz, Barreiros e Lorenzana puxeron un reemisor en Cornería e agora mesmo xa se ve case perfectamente nestes tres concellos a TDT (xa se vían antes desde hai case dous anos a través de Boal- Asturias), Burela, Viveiro, Xove, Ribadeo, Trabada etc… xa ven a TDT desde fai igualmente máis dun ano, pero en O Valaduro non se ve nin a analóxica (no caso da Sexta) e en moitas partes do noso concello o resto de canles analóxicas vense con moitas interferencias. E que ninguén esqueza que no mes de decembro do ano pasado xa non se puido ver o partido ligueiro Barcelona – Real Madrid, tendo que ir a poboación do Valadouro a velo a outros concellos onde se vía A Sexta ben en analóxica ou a través da TDT, co consecuente prexuízo naquela ocasión para a nosa hostalaría.
Isto é un síntoma máis de que o labor do grupo municipal do PP do concello do Valadouro co alcalde Eulogio Fernández Sampayo á cabeza é penosa, que somos un concello de terceira e terceiromundista, que os concellos da Mariña progresan coa utilización das novas tecnoloxías, pero en cambio no Valadouro non se ve nin sequera a televisión analóxica, e sempre ten que pagar toda esta ineficaz xestión a poboación do noso concello.