Site icon Crónica3.com A Mariña

O programa Volver á casa de Ribadeo está aberto ata o 13 de abril

RIBADEO (FNC) .- A Oficina de Atención ao Inmigrante do Concello de Ribadeo informa que está aberto o prazo para participar no programa Volver á casa promovido desde a Secretaría Xeral de Emigración que ten por obxecto promover o contacto dos galegos residentes no exterior cos seus familiares e coa súa terra, fortalecendo os vínculos de unión con Galicia.

As axudas consistirán no pagamento do 60% do custo do traslado a Galicia. Os gastos de aloxamento, manutención e demais ocasionados pola súa estadía durante a residencia cos seus familiares en Galicia será por conta dos participantes.

Este programa vai dirixido a emigrantes galegos, a partires de 55 anos, que residan en América, que teñan nacionalidade española e que teñan familiares en Galicia de ata o cuarto grado de consanguinidade ou afinidade cos que poidan residir durante a estadía en Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 13 de abril. Os interesados en obter máis información debe dirixirse á Oficina de Atención ao Inmigrante que o Concello ten ubicada no Auditorio Municipal Hernán Naval en horario de 9 a 14 horas.

Exit mobile version