NOTA DE PRENSA
O PP de Burela reforzará o seu traballo para recuperar a alcaldía.
Os populares poñerán en marcha un goberno municipal “paralelo”.
Lembran que o PP nunca perdeu unhas eleccións en Burela.
O PP de Burela considera que o PP segue a ser, de forma manifesta e explicita, a forza politica maioritaria en Burela, dado que acadou caseque o cincuenta e un por cento dos votos emitidos o pasado un de Marzo, co que dobla o conxunto dos demais votos emitidos. Ademais, o PP gañou nas dezaseis mesas electorais burelesas, o que ratifica o éxito electoral do dia un. O PP gañou sempre as eleccions desde que se ten producido a segregación.
O PP de Burela manifestou hoxe en rolda de prensa que o comité local do partido reforzará o seu traballo para recuperar a alcaldía, e poñerá en marcha un esquema de funcionamento de xeito que se organizará en áreas de actuación, de cara a controlar as existentes no concello e facelo paralelamente. Este esquema de traballo xa foi deseñado nunha reunion do comité local do PP celebrada o pasado mes de Outubro.
Os populares consideran que a situación actual permite pensar que se pode recuperar a alcaldía de Burela: o modelo de bipartito ou bigoberno está esgotado, xa non só en Galicia, senón tamén en Burela, onde a sensación de pouca adicación ó traballo, de ausencia de proxecto de concello e ausencia de proxectos ilusionantes para a cidadania son evidentes. Chegoulles con dous anos para considerar inviable o seu modelo, dado que a cidadania esta desmoralizada ante a ineficacia do bipartito bureles.
O PP afirma que a partires de agora ponse en marcha unha nova estrategia de traballo, xa posta de manifesto no pasado pleno, no que interviron todos os membros do grupo municipal.
O PP celebrara o vindeiro mercores, dia dezaoito, as oito da tarde, unha asamblea de afiliados e simpatizantes na antita biblioteca, que contara coa presencia do secretario xeral provincial do partido e parlamentario electo Jose Manuel Balseiro Orol.