Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que se recorten partidas de gastos diversos

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela pide que o concello dea subvencións a asociacións.

Manuel Fernández e Pablo Pernas solicitan que se recorten as partidas de gastos diversos.

Os populares presentan unha moción solicitando que se acabe a urbanización de Torrentes.

O GMPP de Burela solicita que o concello rebaixe nun sesenta por cento as partidas de gastos diversos que teñen as delegacións municipais, e que con eses cartos se establezas axudas para colectivos e asociacións.

Os concelleiros Manuel Fernández e Pablo Pernas consideran que os colectivos e asociacións de Burela terán un ano 2009 mui duro, porque o concello vén de suprimir todas as subvencións que antes recibían, agás a da S.D. Burela e o Burela Fútbol-Sala. Os concelleiros populares entenden que as asociacións e colectivos culturais e deportivas verán seriamente afectado o seu funcionamento por falla de financiación. Non deixa de ser chocante que os mesmos que falan de defensa das asociacións sexan os que fana recortes drásticos de subvencións, pero deixan cantidades respetables para facerse a si mesmos promoción política cos cartos de todos.

Ademais, o PP presentou unha segunda moción, relativa ás obras de urbanización de Torrentes. Fernández Valle e Pernas Chao lembran que esta obra foi adxudicada polo equipo de goberno do PP de Burela, e que conta cun prazo de execución dun ano, prazo evidentemente superado. Ademais, as obras non teñen perspectivas de rematar, co que se está privando os seus propietarios de poder dispoñer das súas propiedades. Polo tanto, consideramos que o concello debe establecer prazos, e nós entendemos que como mui tarde o dia trinta e un de Outubro do presente ano deberían quedar as obras rematadas e os procesos administrativos paralelos tamén pechados.

Os concelleiros populares consideran que o pleno tén contido porque o Partido Popular presenta, mes trais mes, mocións e temas que son de interese para os cidadáns, ante a falla de traballo e desorganización do bigoberno burelés.

Exit mobile version