NOTA DE PRENSA
O PP considera que Nieves Cando debe traballar máis.
O Comité Local do PP pídelle máis goberno e menos oposición.
Raquel Río e Bruno Pedre vén fracasado o proxecto do BNG .
O PP considera que Nieves Cando debe poñerse a traballar dunha vez por todas, algo que non fixo durante estes dous anos nos que tén responsabilidades de goberno no Concello, e debe deixarse de facer de oposición para gobernar con todas as consecuencias que esto supón.
A estas conclusións chegan Raquel Río e Bruno Pedre, os portavoces do Comité Local do PP de Burela logo de analizar as declaración de Nieves Cando da pasada semana, na que se demostra que está nun grado de nervisiosismo elevado e que non acepta fácilmente cousas que son evidentes. Río e Pedre afirman que todo o que fai Nieves Cando nas súas delegacions xa se facía antes co goberno do PP, e ese é o balance que vén os cidadáns.Río e Pedre lembran que en dous anos só foi capaz de poñer en marcha o programa de Xantar na Casa, que por certo non convence a todos os seus usuarios, como se demostrou non hai moito tempo, e aplicar axudas universales de corenta euros para adquisición de material a principio de curso; medida que en sí non é mala pero que non debería ser universal, senon en función da declaración da renda.
Raquel Río e Bruno Pedre afirman que Nieves Cando dixo que sí a certos proxectos que se lle presentaron e logo non cumpliu, como se verá dentro de pouco, cando, en troques, tenta por todos os medios rentabilizar políticamente outros a base de inxectar cartos de todos os bureleses coma se fosen seus.
Os portavoces do comité local do PP burelés van máis alá, e consideran que Nieves Cando é unha das máis directas culpables de que existan nestes momentos trescentos millóns das antigas pesetas en facturas impagadas; e é culpable, porque se adicou a facer festas e demais saraos que non veñen a conto nunha situación de crise económica que o que demandaba era investir eses cartos en axudas sociais e non en parrandadas. Non foi capaz de poner en marcha solución para arranxar o teito da gardería, e por riba a inclusión da gardería na rede de galescolas cústalle cada ano vintecinco millóns de pesetas ós veciños de Burela
Río e Pedre lamentan o tono agrio de Nieves Cando, cando fala do que cobraba o anterior equipo do PP; se era ilegal, como di ela, poideron denuncialo e non o fixeron. Pola contra, Nieves Cando cobra algo máis de corenta mil euros anuais de todos os bureleses para sair en fotos na prensa pero que non serven para solucionar os problemas dos cidadáns de Burela. Ademais, lembran que co PP as delegacións municipais funcionaban, e agora hai concelleiros que xa non van polo concello, e outros só miran para o seu beneficio persoal.
Finalmente, Raquel Río e Bruno Pedre consideran que o proxecto do BNG, e por conseguinte o do bigoberno, está esgotado: ningún proxecto serio e de futuro en dous anos. Non pretenderán engañarnos nos dous ano que quedan para as próximas municipais, porque a pouca querencia polo traballo está máis ca demostrada, incluida a de Nieves Cando.