Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela afirma que o alcalde non conta con eles para nada

NOTA DE PRENSA:
O portavoz do GMPP de Burela pídelle ó bigoberno burelés traballo.

González Barcia considera que o alcalde non é quen para falar de goberno paralelo.

Afirma que Llano nin contou nin conta co PP para nada.

O portavoz do GMPP de Burela, José María González Barcia, manifestou hoxe mediante unha nota de prensa que o que ten que facer o bigoberno burelés, especialmente o alcalde e Nieves Cando, é xustamente o que non están a facer, traballar.

González Barcia considera que o alcalde non debe alarmarse polo anuncio do PP, xa que é algo que vimos facendo e que agora reforzaremos. Ademais, el non é quen para darlle consellos a ninguén sobre estratexia política, porque el non a tén. Se tivese contado co PP, que é a forza política maioritaria, que representa á metade dos votantes bureleses, lle guste ou non, seguro que estaríamos falando de outra cousa: só nos chamou unha vez, e foi para sacarse a foto polo trazado do corredor Barreiros-San Cibrao.É mais, o día das eleccións chamou por telefono, cousa que se agradece, e se lle dixo que sería bon abrir un diálogo; pois hasta hoxe non sabemos nada del, que é quen ten que chamar, porque é o alcalde.

O portavoz do GMPP reafírmase na idea de que o bipartito burelés está esgotado: Barcia considera que eso está á vista de todos os cidadáns, que saben que o concello funciona con compartimentos estancos, non hai comunicación entre o PSOE e o BNG, e o diálogo entre o propio PSOE é difícil. Así, é imposible facer nada, co que deducimos que están no concello polos seus propios intereses, como xa se veu no caso de Remedios López.

Barcia lémbralle ó alcalde dous detalles: cando el ainda non era nada, porque ainda non se convocaran as eleccións municipais, anunciou a bombo e platillo a sinatura do convenio entre a Xunta e Fomento polo solar do Curricán, onde se vai facer a nova sede de Capitanía, esquecendo que as xestións foran inicidadas e seguidas polo alcalde do PP. Igualmente, cando ainda non era nada, asistiu a unha visita da conselleira Caride coma se foxe xá alcalde, e mesmo asistiu a unha comida oficial. E a eso como se lle chama, Sr. Alcalde? Por eso o alcalde non pode falar de gobernos paralelos.

Exit mobile version