Site icon Crónica3.com A Mariña

O Pleno de Xove verá unha modificación de crédito de 188 mil euros

XOVE .- A corporación municipal de Xove celebra o luns, día 9, un pleno ordinario no que se someterá a aprobación o expediente número 3/2000 de modificación de crédito do orzamento municipal do exercicio de 2009 por importe de 188.000 euros.  O pleno tamen  dará conta da liquidación do orzamento municipal correspondende ó exercicio do ano 2008.

Nota de Prensa

CONVOCATORIA Da SESIÓN ordinaria Do PLENO  DE 9 DE marzo de 2009.

Polo Sr. Alcalde, convócase sesión  ordinaria do Pleno Municipal, para o  9 de marzo de 2009, LUNS ás 19 horas, en primeira convocatoria, e no seu caso dous días despois en segunda convocatoria, baixo a orde do día que se sinala seguidamente:

1º.- APROBACIÓN DAS ACTAS DAS SESIÓNS ANTERIORES DE 12 E 31 DE XANEIRO DE 2009. ADOPCION DE ACORDO.

2º.- EXPEDIENTE Nº 3/2000 DE MODIFICACIÓN DE CRÉDITO DO ORZAMENTO MUNICIPAL DO EXERCICIO DE 2009 POR IMPORTE DE 188.000€. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.

3.- PROPOSTA DA ALCALDÍA SOBRE MODIFICACION DA ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA. APROBACIÓN INICIAL, ADOPCIÓN DE ACORDO.

4.- PROPOSTA DE ALCALDÍA SOBRE MODIFICACIÓN E REFUNDICIÓN DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO, FUNCIONAMENTO E UTILIZACIÓN DOS SERVIZOS DA PISCINA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS, E DA ORDENANZA FISCAL REGULAMENTADORA DA TAXA POLA PRESTACION DO SERVIZO DE PISCINA CLIMATIZADA MUNICIPAL E INSTALACIÓN ANEXAS. APROBACIÓN INICIAL. ADOPCIÓN DE ACORDO.

5º.- LIQUIDACIÓN DO ORZAMENTO  MUNICIPAL CORRESPONDENDE Ó EXERCICIO DE 2008. DAR CONTA.

6º.- MOCIÓN PRESENTADA POLO GRUPO MUNICIPAL DO BNG, VERBO DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIÓNAL DAS MULLERES. ADOPCIÓN DE ACORDO.

7º- ROGOS E PREGUNTAS.

Exit mobile version