RIBADEO (FNC) .- O goberno municipal de Ribadeo lembra que no pleno celebrado o 19 de maio de 2008 aprobouse por unanimidade o expediente de expropiación de terreos para a construción da futura EDAR “sen prexuízo de resolvelo nunha fase de mutuo acordo entre as partes. É máis, ao ser un procedemento expropiador está exento de tributación de xeito que si fose un procedemento voluntario de compra-venda tería que tributar fiscalmente”.
Desde o goberno municipal ribadense insisten en que se trata dun procedemento cuns prezos acordados, pero sen prexuízo de que isto se puidese resolver de mutuo acordo. E engaden que “estamos tentando satisfacer as cantidades fixades nun período de tempo o máis curto posible. Ademais ofrecémoslles aos afectados varias posibilidades de pago e nesta fase de negociación dos pagos nos atopamos”.
O que máis lle interesa ao goberno municipal de Ribadeo é poñer a disposición da Xunta de Galicia eses terreos para que as obras da EDAR comecen canto antes.