Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello realiza xestións para mellorar o sinal da TDT en Burela

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, está a realizar xestións para mellorar a recepción da sinal da TDT en Burela. O rexedor sinala que “no Concello de Burela estamos a preparar unha mellora na recepción da sinal da TDT para poder ofrecer os dous servizos analóxico e dixital que poden ser perfectamente compatibles cos aparatos que se mercan para as casas. Unha das desvantaxes que temos hoxe é que capturamos unha sinal moi débil da TDT procedente de Barreiros, e estamos a buscar un punto para ter unha recepción óptima ao 100% aí na zona próxima ao Monte Castelo para poder reemitila á nosa antena e desde aí distribuíla con todas garantías a todo o concello de Burela”.

Llano considera que “é unha boa cuestión porque agora mesmo non se recibe moi ben a sinal. A situación complicouse porque hai outros concellos que tamén están intentando mellorar a súa recepción e producen interferencias co que é moi difícil ter unha recepción limpa. Agardo que en poucos días teñamos xa unha recepción e unha amplificación que garanta que todos os veciños de Burela poidan ver perfectamente a televisión a través da TDT”.

Exit mobile version