Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Riotorto convoca un concurso literario sobre os ferreiros

Imaxe da web ferreirosderiotorto.com

RIOTORTO .- O Concello de Riotorto convoca o concurso escolar “Os ferreiros de Riotorto” dirixido aos alumnos do terceiro ciclo de Educación Primaria -quinto e sexto curso- dos centros das comarcas de A Mariña, Terra Chá e Meira. O certame está dotado con un total de 600 euros, diplomas e lotes de artesanía. P prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro día 18 de marzo.

Nota de Prensa

O CONCELLO DE RIOTORTO CONVOCA O CONCURSO ESCOLAR OS FERREIROS DE RIOTORTO.

Riotorto, 6 de marzo de 2009. O Concello de Riotorto que convoca o concurso escolar Os ferreiros de Riotorto lembra que o prazo de presentación dos traballos remata o vindeiro 18 de marzo.

TEMA

O tema dos traballos a presentar para esta primeira edición será “Os Ferreiros de Riotorto”, as súas costumes, os medios de traballo (mazo, fraguas, moas), a importancia da auga, a súa obra e a utilidade da mesma para o campo e a industria.

IDENTIFICACIÓN

Os traballos presentaranse por escrito en formato DIN A-4 onde se poderán incluir textos, fotos, debuxos,…  Asimesmo deberán ser presentados en formato dixital CD para a súa posterior publicación na web www.ferreirosderiotorto.com. Farase constar o título así coma o número de participantes en cada traballo, o seu curso escolar, o nome do centro onde cursan os estudios e o nome do mestre que os tutelou.

CATEGORÍA

A categoría será única para os alumnos do 3º ciclo de Educación Primaria (5º e 6º curso) dos centros das comarcas da Mariña, Terra Chá e Meira.

GRUPOS DE TRABALLO

Os grupos de traballo terán un mínimo de 5 compoñentes dos cursos de 5º e/ou 6º de Educación Primaria e un máximo do número total de integrantes deses cursos.

PRESENTACIÓN e PRAZO

Os traballos poderán ser presentados no CONCELLO DE RIOTORTO, Praza das Rodrigas,1-27744 Riotorto (telef. contacto 663 811 412), ou ben remitilos por correo ou calquera outro transporte indicando no sobre “I CONCURSO ESCOLAR OS FERREIROS DE RIOTORTO”. O prazo de presentación remata o 18/03/09.

PREMIOS E DEREITO DE EXHIBICIÓN

Premiaranse aqueles taballos que mellor reflictan as bases do concurso (contido e información recollida) ao mesmo tempo que se valorará a presentación, deseño, encadernación,… establecéndose os seguintes premios:

1º Premio………………Dotado en 300 € + Diploma Acreditativo + Lote Artesanía do Ferro de Riotorto.

2º Premio………..……. Dotado en 200 € + Diploma Acreditativo + Lote Artesanía do Ferro de Riotorto.

3º Premio……………… Dotado en 100 € + Diploma Acreditativo + Lote Artesanía do Ferro de Riotorto.

Ningún premio quedará deserto, pasando a ser propiedade do Concello de Riotorto ou entidade na que este delegue os traballos premiados.

XURADO e ACTO PREMIACIÓN

O Concello de Riotorto designará un xurado para a calificación dos traballos presentados que emitirá o seu fallo nun acto público o día 04/04/09 ao que serán invitados os concursantes premiados, sendo condición, para que lles sexa entregado o premio, a súa asistencia (polo menos da metade do grupo de traballo). Será por conta da organización o traslado en autobús dos concursantes gañadores a este acto que se acompañará dunha visita didáctica ao Mazo da Fraga con demostración dos ferreiros de Riotorto, un obradoiro de xoguetes tradicionais e un picnic.

DEVOLUCIÓNS

Os traballos non premiados poderán ser devoltos aos concursantes despois da súa solicitude ou retirando os orixinais personalmente nas oficinas do Concello entre o día 6 de abril e 4 de maio do 2009. Rematado este prazo os traballos pasarán a formar parte do patrimonio do Concello.

Exit mobile version