Site icon Crónica3.com A Mariña

O CCA de Ribadeo entregou xa parte dos premios da campaña do día do pai

RIBADEO (FNC) .- O Centro Comercial Aberto de Ribadeo entregou xa 12 dos 39 premios postos en xogo na campaña do día do pai. Os establecementos asociados recibiron ducias de rascas para entregar aos clientes que mercasen neles entre os días 14 e o 19 de marzo. Son 1.000 euros os que se repartirán en 20 premios de 10 euros; 10 premios de 20 euros; 6 premios de 50 euros e 3 premios de 100 euros.

Un vale de compra de 100 euros foi para un cliente de Carlos Castro Zapatería; de 50 euros foron canxeados 3 rascas que foron entregados en Xeito Decoración para consumir na hostalería ribadense ao igual que o entregado en Calzados La Moda Hombre e tamén no restaurante La Solana. Tres vales de 20 euros foron entregados a clientes de Mercería Torviso para hostalería, La Moda Sport tamén para hostelería e La Florida en vale de compra. E xa foron finalmente canxeados 5 rascas por vales de compra de 10 euros. Os establecementos nos que se repartiron estes premios foron: Euro y Compañía, Bar Gayoso, Panadería Paleo, Hiperpapelería Lápiz e Droguería Pulpeiro.

As persoas que resultasen afortunadas cos rascas da campaña do día do pai poden canxealos polos vales correspondentes ata o vindeiro 31 de marzo, en horario de oficina de 9:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas de luns a venres nas oficinas do Centro Comercial Aberto ubicadas na Avenida de Asturias, 21-23, 1º J.

Exit mobile version