XOVE .- (M.F.) O Centro Óptico Xove de baloncesto perdeu en Allariz por dous puntos, 81 a 79, nun partido que tivo que afrontar con so sete xogadores polas las baixas de Pony, Paco e Miguel que non viaxaron co o equipo por motivos laborais. O Centro Óptico Xove volveu a perder con unha protestadísima actuación arbitral e colocase como décimo clasificado con once vitorias e doce derrotas.
O partido foi moi igualado e no descanso so habia un punto de diferencia no marcador. Na reanudación os de Allariz comenzaron mellor e fóronse no marcador de cartorce puntos pero os xovenses recortaron distancia para chegar o últmo minutos igualados. A falta de cinco segundos e con empate no marcador os árbitros non pitan un posible falta sobre o base xovense e despois señalan falta a favor de Allariz que aproveita os dous tiros libres para poñer o definitivo 81 a 79.