Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B. Centro Óptico Xove asume unha dolorosa derrota por un punto

Foto/Video de Miguel Fraga Otero

XOVE .- Un punto separou da vitoria ao Centro Óptico Xove no partido de baloncesto que disputou na casa, o sábado, ante o C.B. Tui, cuarto da táboa. Os de Tui xa eran claros favoritos antes de comezar o encontro no que lle fixeron encaixar unha dolorosa derrota ao Centro Óptico Xove, por 73 a 74 puntos.
O partido comezou con claro dominio local e chegouse ao fin do primeiro cuarto con cinco puntos a favor dos de Xove (21–16). O segundo cuarto seguiu a mesma tónica, con unha forte defensa local e rápidos contraataques que levaron a vantaxe ata os once puntos (37-26) ao descanso.
Tras reanudarse o encontro todo seguiu igual e ao fin do terceiro cuarto a vantaxe xa era de catorce puntos (55-41). Pero no último cuarto os pontevedreses aproveitaron o cansancio dos xovenses e lograron empatar o partido.
A falta de tres segundos para o final os mariñáns gañaban de un punto pero con unha rápida xogada os de Túi anotaron unha canastra sobre a bocina que foi moi protestada polo Xove. Finalmente dolorosa derrota para o Centro Óptico Xove por 73 puntos a 74.
Polo Xove xogaron: Pony (16), Fernando (10), Dani (8), Paco (15), Juanma (1) – Álvaro (2), Angel (7), Miguel (14), Javi e Eloy.

Exit mobile version