Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz pide que se modifique o cruce da estrada Ferreira-Foz coa N-642, na Corredoira

Nota de Prensa

O BNG DE FOZ PIDE QUE SE MODIFIQUE O CRUCE DA ESTRADA FERREIRA-FOZ COA N-642, NA CORREDOIRA

O BNG considera que a saída na Corredoira á N-642 da estrada Ferreira-Foz quedou moi mal desde todos os puntos de vista e solicita que se modifique para mellorala.

En primeiro lugar, a estrada remata cunha curva moi pronunciada que dificulta as manobras dos vehículos, sobre todo aqueles de gran tamaño. En segundo lugar colocáronse uns illotes para separar as distintas direccións, pero esto confunde aos conductores por quedar demasiado estreitos os pasos ao mesmo tempo que non permite xirar aos vehículos longos sen remontar os illotes. A maiores, tamén a sinal de stop queda atravesada coa estrada polo que non se observa ata estar metido na curva e o illote central está desorientado con respecto á saída natural da estrada atopándose de fronte con el.

Desde o BNG, o que non entendemos é porque tendo suficiente terreo na marxe dereita para facer unha incorporación cómoda se optou por esta solución, moito máis complicada e insegura desde un punto de vista da seguridade viaria.

Por eso demandamos unha modificación do proxecto agora que se está a tempo. Ademais esto non suporía moito custe nin gran dificultade porque hai suficiente terreo e deixaría a intersección en mellores condicións e máis segura.

Exit mobile version