Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz alerta sobre o perigo de derrube da Ponte Vella de Fazouro

Nota de Prensa

O BNG DE FOZ ALERTA SOBRE O MAL ESTADO DA PONTE VELLA DE FAZOURO

Pide que se tomen medidas antes de que ocorra unha desgracia

O BNG denuncia o mal estado no que se atopa un dos piares da Ponte Vella de Fazouro e alerta sobre o perigo de derrube inminente da ponte se non se toman medidas. A época pasada de chuvias fixo que o Río Ouro arrastrara todo tipo de materiais que ao chocar coa ponte provocaron que gran parte das pedras que forman un dos piares se desprenderan. O paso de vehículos, sobre todo camións, que continuamente pasan por ela fixeron que se abriran gretas e que se afundira a placa superior na súa parte occidental.

Esta situación conleva un grave perigo de derrubamento posto que o piar cada vez vai debilitándose máis. As persoas que circulan por esta ponte, que son moitas, xa advertiron do medo que teñen a que se veña abaixo en calquera momento e que poida producir unha desgracia.

Hai máis dun ano presentarase un proxecto para rehabilitar esta ponte xunto coa ponte de ferro (cara a desembocadura) por un valor de 1,3 millón de euros. O BNG preguntase onde está o proxecto e os cartos. ¿Non é hora xa de invertilos?

Por esta motivo, o BNG demanda do Concello e doutras administracións implicadas (Servicio de Costas) que se amañe a Ponte Vella canto antes e que se tomen as medidas preventivas necesarias para evitar unha desgracia.

Exit mobile version