NOTA DE PRENSA
O BNG INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL A MELLORAR O ALUMEADO PUBLICO E ACCESOS AS VIVENDAS SOCIAIS DA ATALAIA EN SAN CIBRAO
Veciños da urbanización queixáronse pola falta de iluminación e a remodelación das escaleiras de acceso que mais que mellorar empeora o acceso tralas obras executadas polo concello.
O BNG presentou unha solicitude ao goberno municipal para que coa maior brevidade posíbel executen obras de mellora no alumeado publico e nas escaleiras de acceso dende a estrada do faro a urbanización de vivendas sociais da Atalaia en San Cibrao. Despois de recibir queixas de varios veciños da zona, constatouse a modificación das escaleiras de acceso, agora con maior altura nos escalos e a eliminación de pasamáns que diminúen a seguridade dos pións ao acceder por esa zona as súas vivendas. Ademais púidose comprobar que onde antes había alumeado publico, agora non o hai co que ese paso, anteriormente moi transitado por ser o mais curto a esas vivendas, agora, especialmente en horas nocturnas, deixou de ser utilizado polos veciños e veciñas da zona.
Os residentes na zona quéixanse de que con posterioridade as obras rematadas o pasado mes de agosto, non se volveu colocar un pasamán existente con anterioridade, a pesar do empinado das escaleiras de acceso, e tampouco se arranxou o alumeado publico nese punto a pesar de cambiar na súa totalidade o alumeado na urbanización.
OBRAS EXECUTADAS POLO CONCELLO SEN REMATE DEFINITIVO
O Xunta de Goberno Local aprobou a “Reforma de praza en San Cibrao (Urbanización O Faro)” o 23 de maio de 2007 por un importe total de 110.000 euros, aprobándose a ultima certificación de obra na Xunta de Goberno do 30 de decembro de 2008 por importe de 42.000 euros.
Non se entende que o goberno local aprobe o pago da ultima certificación sen que o alumeado funcione debidamente, e moito menos que non se contemple no proxecto o mantemento de elementos de mobiliario urbano que permitan o acceso con seguridade aos veciños e veciñas da zona.
O BNG pediu que se corrixan as deficiencias denunciadas polos residentes nesta zona da Atalaia, de xeito que estas sexan arranxadas coa maior brevidade posíbel. E unha constante ver como determinadas obras iniciadas non teñen remate final sen que se coñezan as causas reais para que estas non queden en condicións de uso ou teñan deficiencias de fácil o arranxo destas deficiencias.