Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo LLano diagnostica boa saúde económica no Concello de Burela

BURELA .- O alcalde de Burela, Alfredo Llano, asegura que o Concello goza de boa saúde económica. Así alude o rexedor á liquidación das contas de 2008 que onte foron a pleno. Llano di que “o PP estivo lanzando octavillas decindo que o Concello está mal, que casi están en bancarrota cando resulta que é todo o contrario. Para poñer un exemplo, no 2007 liquidamos o presuposto cun superávit de 3.400.000 euros e no 2008 tivemos un déficit de 1.300.000 euros, pero o que hai que ver é o remanente que queda a finais de ano e que é claramente positivo, aínda temos unha cifra moi importante coa que nos respaldamos que é dun millón de euros”.
O alcalde engade que “eso quere decir que o Concello de Burela está perfectamente saneado, estamos contendo moito o gasto e a finais de ano vai quedar un resultado moi positivo. Uns anos hai superávit e outros algo de déficit, pero non que decir para nada que existan problemas gordos”. Alfredo Llano explica que “tivemos este déficit no 2008 pensando nas licencias de obras que estaban valoradas de xeito excesivo, é decir creíamos que ía haber máis das que houbo e de aí derivou o déficit do que estamos a falar. Para nada estamos en bancarrota como algún propón, temos un remanente de 1.000.000 euros”.
O rexedor sinala que “si facemos caso ó informe de Intervención e á valoración que fai xa está. Di que a situación económica do Concello de Burela é boa e eso é o que importa e o que lles debe importar ós habitantes do noso concello, pode estar tranquilos porque estamos xestionando os seus cartos con moita seriedade e eficacia. Queremos facer o máximo de cousas empregando o mínimo de recursos. Podemos polo tanto decir que o Concello de Burela goza de boa saúde”.
Consello Escolar
No pleno de onte aprobóuse por unanimidade a constitución do Consello Escolar Municipal. Llano manifestou que “todos os grupos consideramos que é unha fórmula, que é un bó métido de intervención, de participación, de inclusión na comunidade educativa… que contará cunha ampla representación de pais, nais, alumnos, da CEL. Queremos meter xente representativa de todos os sectores que poida aportar algo á comunidade educativa nos ciclos formativos, nos bacharelatos, na ESO e no ensino primario. Xa digo é boa no seu conxunto para que a calidade do ensino e a formación e todo o que deriva dela sexa o mellor posible para todos os usuarios”.
Polígono de O Perdouro
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, manterá un encontro o vindeiro xoves 2 de abril ás 19:00 horas no salón de plenos do Concello, cos propietarios de terreos do polígono industrial de O Perdouro e con aqueles empresarios que poidan estar interesados en instalarse nesa zona para explicarlles os plans do Concello.

Exit mobile version