RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo considera “unha moi noticia” que os vendedores ambulantes do mercado dos mércores decidiran volver montar os seus postos a partires da vindeira semana. Fernando Suárez sinala que “é algo co que estivemos ás voltas desde hai 3 meses con discusións e que penso que non chegan a ningún sitio”.
O rexedor engade que “desde o Concello non temos ningún problema en dialogar e en manter unha postura dialogante, pero sempre cumprindo a normativa vixente, mentres estea vixente. Si alguén a quere derrogar aló el coa súa responsabilidade. Nosoutros sempre queremos tratar a todo o mundo por igual e neste caso igual que a calquera outro veciño de Ribadeo”.
Fernando Suárez segue a explica que “o que si debo dicir non coma unha advertencia senón coma unha cuestión de procedemento inexcusable é que o vindeiro mércores só van poder estar instalados todos aqueles vendedores ambulantes que teñan ao día os seus pagos co Concello cando menos no ano 2008, que é o requisito indispensable para que o Concello autorice esas instalacións durante o 2009. Polo tanto, todos aqueles que non estean ao día nos pagos non poderán estar instalados e así o faremos valer por conta dos nosos funcionarios encargados de cumprir pola normalidade do mercado”.