Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo asina unha resolución de autorización de acceso ao proxecto da liña de alta tensión

RIBADEO (FNC) .- O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, ven de asinar unha resolución de autorización de acceso ao proxecto de LAT 132 KV E/S de EON para a subestación de Folgosa. Neste documento o rexedor di que “á vista do interese manifestado por veciños e membros da Corporación e existindo no Concello un exemplar presentado pola empresa para a obtención de licenza de obras, acto administrativo que non é posible ata que pola Consellería de Industria se autorice definitivamente o referido proxecto, cos condicionamentos que se estime oportuno por esa administración establecer”.

Suárez Barcia resolve “autorizar o acceso de veciños interesados ao proxecto referido, coa salvidade, para o seu coñecemento de que non consta a aprobación do mesmo pola Xunta de Galicia e que con carácter previo á autorización municipal o proxecto ten que ser aprobado pola Consellería de Innovación e Industria, seguindo o procedemento previsto na normativa que prevé unha exposición pública para a formulación de alegacións e suxestións por parte de todos os interesados. Polo tanto tamén e durante o prazo que se estableza as alegacións ou suxestións que se formulen deberán ir dirixidas á Consellería de Innovación e Industria e formularse para a súa validez, dentro dese prazo de exposición ao público que por ese organismo se estableza”.

A resolución segue a dicir que “por esta alcaldía se pretende manter a exposición ao público durante o prazo que se estableza de xeito simultáneo na Consellería de Innovación e Industria e no Concello e que as autorizacións de copias se efectuarán, previa petición escrita, e coa salvedade indicada de que o proxecto de que se dispón, non consta que sexa o aprobado pola Consellería ao non existir nesta data constancia de tal feito”.

Exit mobile version