Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela cree que a de Vilar “é unha boa obra e a xente estará contenta”

BURELA .- (FNC) O alcalde de Burela, Alfredo Llano, amósase satisfeito coa finalización das obras que se viñeron realizando nas últimas semanas na zona de Vilar. Llano explica que “se realizaron traballos no abastecemento de auga, na canalización de residuais e no asfaltado e aproveitamos para canalizar e mellorar as cunetas para que queden ben preparadas de xeito definitivo. Penso que é unha boa obra e a xente estará contenta co que alí se fixo”. As obras que foron subvencionadas pola Consellería de Medio Rural ascenderon a preto de 120.000 euros.

Exit mobile version