Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela confía en que Expomar encha todo o espazo dispoñible

BURELA (FNC) .- O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, asegura que “estes días estamos cos preparativos de Expomar 2009, nesta nova edición haberá exposición ademáis de xornadas técnicas e encontros empresariais. Será por primeira vez na nave de redes que ten 3.000 metros cadrados útiles e cremos que imos enchelos de expositores, aínda que haberá incerteza case ata o final porque debido á crise é posible que algunha firma se poida dar de baixa. Pero en principio xa temos apalabrados eses tres mil metros e imos intentar diversificar e traer as novidades máis destacadas para o sector de tal xeito que sexa útil para eles e ao mesmo tempo que sexa alternativa para impulsar o máximo posible a economía”.

Llano engade que “Expomar será na penúltima semana do mes de maio. Estamos a preparar os encontros empresariais e as xornadas técnicas, xa temos moi avanzado o tema e estamos apalabrando os relatores. Isto vai favorecer que se divulgue e que se lle dea importancia a esta nova feira. Pasado mañá seguiremos a preparar a feira e tamén continuamos confirmando a presencia de firmas xa tradicionais e outras novedosas para que non falte nada en Expomar…. naves recreativas e cuestións de seguridade e embalaxe estarán presentes nesta cita”.

O alcalde de Burela e presidente da Fundación Expomar agarda que “sexa unha feira de referencia non só na Mariña senón tamén en toda Galicia”.

Exit mobile version