Site icon Crónica3.com A Mariña

Alfredo Llano explicou ao alcalde de Cervo que as xornadas do erizo de mar de Burela non foron para competir

BURELA .- (FNC) Por outra banda, o rexedor burelés recoñeceu ter falado co alcalde de Cervo, Alfonso Villares, para dicirlle que “non houbo mala intención coa organización das xornadas de degustación do ourizo de mar. Aquí o único que se fixo foi unhas xornadas de promoción dun produto, basicamente para darlle relevancia a este recurso e para motivar, sobre todo, un pouco aos veciños a saír e tomar algo. Nunca se pensou para nada en facerlle competencia á festa de San Cibrao, aquí coñecemos esa festa, de feito eu participei o ano pasado e penso ir de novo este ano porque ten moita importancia e hai que darlle o seu valor”. Llano insiste en que “somos conscientes de que o protagonismo do ourizo debe telo San Cibrao, pero iso non quita que a xente de Burela poida disfrutar tamén dos seus produtos do mar”.

O alcalde de Burela engade que “non houbo mala intención e seguirei a falar con Alfonso Villares e si se ve que dana á festa de San Cibrao podemos variar un pouco as datas e incluso a nomenclatura. Xa digo e quero que quede ven claro que nós non pensamos en perxudicar aos veciños de San Cibrao”.

Exit mobile version