BARREIROS .- (FNC) O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura salir “disgustado do pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros porque sí que me quedan cousas claras que non son moi beneficiosas, xa que en principio non se prevé a apertura do parque comarcal de bombeiros ata o último trimestre do 2009, cando temos o verán aí encima. E máis disgutado aínda cando o propio presidente da Deputación apunta que ó mellor non é o parque de Barreiros o que se abre antes senón que puidera ser o de Chantada ou o doutro sitio”.
Fuente Parga engade que “tamén salgo con moitas dudas do pleno porque se fala de que se fixeron investimentos por valor de 6 millóns de euros, pero todos os veciños da Mariña e de Barreiros saben que o edificio está como está, non hai nin un só vehículo dentro del, nin unha sola persoa dentro del, non hai nin un só equipo dentro del e os veciños saben que calquera incendio que puidera ocurrir na Mariña lucense ou nos concellos ós que dará cobertura este parque estarían desatendidos”. O rexedor de Barreiros segue a contar que “sabemos que hai uns meses se presentaron uns camións en Lugo, pero non sabemos onde están, estarán metidos nun almacén… Eu estou advertindo dunhas deficiencias que habería neste parque e evidentemente pois parece que non gustan nin a Deputación Provincial, nin a Dirección Xeral de Protección Civil ou á Consellería de Presidencia, non gustan estas advertencias que eu estou facendo para que se abra o parque de bombeiros con garantías. Se fala que se vai a contratar persoal e non se sabe nin como nin cando nin como vai a ser o concurso oposición, sí sabemos polo presuposto que hoxe se nos presentou que haberá un xerente por nomeamento directo”.
Ó alcalde de Barreiros xúrdenlle moitas dudas “por esta premura dun goberno en funcións como é o da Xunta que ten o 50% deste Consorcio que agora resulta que a uns días de deixar os seus cargos todo son prisas e urxencias e resulta que agora toda a culpa a teñen os concellos. Mire o parque de bombeiros de Barreiros non ten licencia porque a Consellería de Sanidade non deu o informe preceptivo como levo dicindo desde hai días para poder conceder esa licencia e a Deputación non hai moito que enviou o proxecto para a concesión desa licencia. A min agora que non me veñan decindo si o edificio estaba ou non construido con licencia. O edificio estaba aí, e cando un Concello constrúe un edificio non necesita licencia, se aproba un proxecto e se constrúe tal e como pasou con esta obra. Está aí e como eu viña decindo senón lles gusta ou non está correctamente edificado que o demolan e que fagan outro e como está aí, e si gusta e vale e serve para utilizar como parque de bombeiros que o abran xa, porque estes anuncios continuos de que se vai abrir, mire os veciños e eu coma un veciño máis estamos cansados de anuncios, e aperturas e contratacións”.
Alfonso Fuente tamén destaca que “se acaba de sacar un concurso para a compra do material dos parques de bombeiros e acaba de quedar desierto porque se lles da un prazo ás empresas de cinco días para presentar as súas ofertas. Señores fagamos as cousas ben…levan catro anos gobernando na Xunta e agora sacan un concurso a cinco días e ó final queda desierto. Agora desde a Xunta teñen que deixar paso ao novo goberno para que tome as decisión pertinentes, que xa deixara os estatutos e todo en marcha o anterior goberno do PP e tiveron que pasar catro anos para que nos fagan o anuncio de que o parque comarcal de bombeiros de Barreiros se vai abrir no último trimestre do ano. Todos sabemos que na Mariña de Lugo cando máis afluencia de xente hai é no verán e desde hoxe nos quedou claro que durante o verán nos vamos ter en funcionamento o parque. Eso é triste, eso é o triste e por eso veño disgustado dese pleno”.
O alcalde de Barreiros en desacordo con que se retrase a apertura do parque de bombeiros
O alcalde de Barreiros en desacordo con que se retrase a apertura do parque de bombeiros
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña