BARREIROS (FNC) .- O alcalde Barreiros amósase sorprendido polas declaracións realizadas nas últimas horas pola vicepresidenta da Deputación, Lara Méndez, polo ex alcalde de Ribadeo, Balbino Pérez Vacas e polo deputado e concelleiro en Barreiros, Antonio Veiga. Alfonso Fuente di que “me sorprenden esas declaracións que fan contra o alcalde de Barreiros, culpar ó alcalde de que non se abra o parque de bombeiros esto é o non vai máis. Insisto senón queren abrilo que o digan claramente e que non anden dando voltas, porque decir a Dios que Lara Méndez culpa ó Concello de que leva cinco anos sen dar licencia, home mire, hoxe todos os medios de comunicación teñen á súa disposición a copia da data na que a Deputación presentou o proxecto neste Concello que foi o 2 de maio de 2008”.
O rexedor sinala que “si se presentou o proxecto o 2 de maio de 2008 ¿fai cinco anos? Hai cinco anos ese proxecto non estaba no noso Concello polo tanto o Concello non podía dar licencia para nada, para ningún proxecto porque non estaba presentado aquí. A posteriori houbo que requerirlle documentación á Deputación que faltaba nese proxecto que despois foi aportada e lle deu trámite á Consellería de Sanidade para ese informe que, insisto, nos falta para poder concederlle a licencia. E entón culpar ó Concello de Barreiros de que non da licencia e que levamos cinco anos sen dala e que se fai demagoxia con esto, cando a propia Lara Méndez dixo que se ía abrir no primeiro trimestre de 2008 cando aínda non presentaran nin o proxecto no Concello. E resulta que tivemos que coñecer agora pola aprobación do presuposto do parque de bombeiros que non se ía abrir ata o último trimestre de 2009 e a culpa é do alcalde de Barreiros”.
Alfonso Fuente manifesta que “escoitar ou ler de Balbino Pérez Vacas que o Concello non puxo nada aquí, eso é demasiado forte, porque o Concello de Barreiros aportou unha finca que sí é certo que Dionisio Gamallo cedeu ó Concello para un uso dotacional, para unha actividade para ben dos veciños e o Concello decidiu que fose para o parque de bombeiros e entón naquel momento Manuel Díaz Sampedro cedeu esa finca para que se construise aí o parque de bombeiros. Pero ó mellor o que o Sr. Pérez Vacas non sabe é que para que viñera o parque de bombeiros para Barreiros o Concello e asumindo o coste político o Sr. Díaz Sampedro (falecido) tamén se quedou coa ecoplanta en Barreiros. E eso hai recordarllo ó Sr. Pérez Vacas porque cando eso pasou en Barreiros él aínda non era alcalde de Ribadeo, pero a min gústame ler os libros de historia e ver esas cousas. E tamén hai que recordar que Balbino Pérez Vacas foi o único Concello que non aprobou uns estatutos, ao mellor hai seis anos, para poñer en marcha o parque de bombeiros e foi o único pleno o do Concello de Ribadeo, que non hai que decir que votara en contra, é que o Sr.Pérez Vacas nin o levou a pleno ademáis de terllo pedido á miña vista desde a dirección xeral de Administración Local e nin os levou e resulta que agora a culpa a ten o alcalde de Barreiros. O alcalde de Barreiros ten competencia en Barreiros e non en Ribadeo e non pode levar nada ó pleno de Ribadeo, senón teríaos levado polo menos a que se votaran”.
Fuente Parga engade que “o Sr. Veiga segue na mesma liña de culpar ó alcalde de Barreiros de todo, de hasta o que pasa fora do Concello de Barreiros, incluso do que pasa na Deputación. Eu por eso ás probas me remito, por eso hoxe os medios teñen a documentación que teñen para que vexan o que tarda o Concello de Barreiros en dar a licencia, si lla piden en maio de 2008 e falta documentación se require e se tramita, pero non cinco anos”.
O rexedor Barreiros segue a contar que “o parque de bombeiros, hai que recordar porque así o decidiron a Deputación e a Xunta que se creara un consorcio ó 50% entre eles. Desde o momento en que está creado ese consorcio os concellos aí pouco pintamos ou nada, independientemente de que estamos na comisión executiva, temos voz pero non voto. Esto hai que recordalo porque querer culpar agora a un alcalde de que non se abre un parque de bombeiros cando o consorcio é 50% Deputación e 50% Consellería de Presidencia, home esto xa é moi forte”.
Fuente Parga considera que “quizás non sexa un bó momento, esteamos de resaca electoral e haberá que culpar ó PP de todo, pero o que hai que recordar é que levamos catro anos de goberno bipartito e que lles costa marcharse e eu o que lles pido é que deixen paso xa para poñer en marcha este parque. Hai catro anos se aprobaron os estatutos no Concello de Barreiros e pasaron catro anos e o que sabemos os mariñanos é que o parque de bombeiros segue pechado e nos poden falar de investimentos e nos poden falar de que se gastaron 9 millóns de euros, pero insisto o parque está cerrado, non hai camións, non hai persoal. Sí se avanzou nalgunhas cousas, creóuse o consorcio pero o que necesita a xente é que vaia o camión a pagarlle o incendio cando se produzca ese lume e non lle vale que se publique a compra de material por 3 millóns de euros e que se dea prazo de cinco días para que se presenten as ofertas e que quede deserto, eso non vale. Hai que comprar o material e si hai que dar quince días ou vinte días ou un mes para presentar as ofertas hai que dalos para meter o material nos parques e hai que dotalos”.
O alcalde apunta que “igual que agora hai que sacar as bases para contratar ó persoal, hai que sacar esas bases que aínda non se aprobaron e entón todos os plenos que fagamos están moi ben, pero non solucionan o problema. E eso é o que ven decindo o alcalde de Barreiros igual que ven decindo as deficiencias que hai e que hai que correxilas que eso é o único que se pide e persona máis interesada en que se abra o parque de bombeiros non hai máis que o alcalde de Barreiros, porque que teñamos un edificio no noso concello que debe levar varios anos listo, preparado para poñer en marcha e que non se dea posto en marcha eso o digo e o sinto era mellor que o edificio estivera no medio do mar e non no noso concello, porque eso nos causa moitos problemas ós veciños de Barreiros, sobre todo ó seu alcalde porque ten un edificio cerrado durante tanto tempo no concello. Si o Concello tivese capacidade económica para abrir o parque de bombeiro teríao feito xa hai tempo”.