Site icon Crónica3.com A Mariña

Non gañaron os outros, perderon estes

Por Otero Regal

Hai catro anos a maioría dos galegos puxeron as súas esperanzas e ilusións nun cambio substancial de facer política en Galicia . Tiñamos ilusión en que un goberno de esquerdas, que ademais non teña a rémora de a maioría absoluta, impulsaría o cambio, con dialogo, acercamento á cidadanía e bon facer para iso tiña que rachar con décadas de clientelismo e caciquismo que estabamos a sufrir, confiabamos ademais en que se acostumara aos galegos e galegas a unhas políticas limpas e transparentes que colocasen a Galicia como exemplo do bo facer dun goberno de coalición, como os que de sempre gobernan o 90% de Europa.

As cousas non foron como queriamos, foron ben distintas. Non funcionou un goberno de coalición, optouse pola fórmula do bipartito o que produciu unha dobre cabeza visible, un goberno de dous partidos o que en vez de preocuparse polo país, cada cal exerceu por libre, co resultado de moitas contradicións, trasladando á opinión pública unha crecente sensación de inseguridade, pelexas, envidias, prepotencia e mal facer, que acabou como o rosario da aurora: a indiscutible vitoria dos populares galegos.

Nin. Emilio Pérez Touriño e o seu claqué, que agora quer seguir no machito: Ricardo Varela, Lago Lage, por estas terras do norte, e outros moitos por o medio e o sur, non souberon chegar ás bases do pobo, subíuselles o cargo á gorxa e exercían como pequenos imitadores do facer de Fraga.
Por a outra parte o Anxo Quintana ben rodeadiño polos adulóns inconvertidos en asesores e chupalevitas da UPGA, esforzouse tamén en imitar a Fraga, larpeiradas cos xubilados, festas, romarías, iates. Amigos que crearon periódicos, mosteiros restaurados aos mesmos de cló cló , millóns arreo para os mesmos aos que lles daban o diñeiro o PP, nomeamentos de cargos que xa exercían cos populares en sanidade, por exemplo, desprezo da xente que os aupou á poltrona e logo “Si te he visto no me acuerdo” fichaxes de xente allea que ademais resultou inepta ademais de tránsfuga, e un largo etc.

Aquí sucedeu unha vez mais o da manida frase que tanta razón ten: “A ESQUERDA CHEGA O PODER COS VOTOS DA ESQUERDA E ADICASE A GOBERNAR PARA A DEREITA”
O desastre electoral foi monumental. A falta de carácter do presidente e da tropa que o rodeou, de renovación no partido (son as mesmas caras dende hai 25 anos) e o traslado aos concellos da escola nefasta que impartiron foi unha metedura de pata política que moitos vimos dicindo cada semana dende hai tempo.

E que non me veñan algúns con gaitas e acusacións de que foi a prensa que os sacou do sillón, algúns sabemos de moitas “cousiñas” que naide publicou, e poño exemplos: O conselleiro subido o barco de Renegasa, mentres os seus compañeiros de partido e secta loitaban contra ese disparate na ria de Ferrol, os cartos que se lle deron a empresarios amigos, ou como di un amigo xornalista “Do réxime”, incluído líos de faldas con conselleira de coche deportivo de alta gama, cornos e cabreos con consecuencias de derribo de paredes de casa por mor da mala hostia de algún “picha brava”, así que caladiños e a chorar a perda do poder que é o voso, e o meu e da maioría dos galegos é a de aguantar os próximos 20 anos a que Galicia teña outra oportunidade de rexeneración..

Exit mobile version