Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariña Patrimonio denuncia novas destrucións no Castro da Atalaia

SAN CIBRAO .- A asociación Mariña Petrimonio denuncia ante a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural novas destrucións no xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia e esixe a inmediata paralización das obras.
Mariña Patrimonio esixe a inmediata paralización das obras no castro da Atalaia,despois de comprobar que Promociones San Ciprián vén de realizar novas destrucións neste xacemento, demostrando así a súa mala fe e a intención de ir aos poucos desfacéndose dun patrimonio arqueolóxico que lle é molesto para os seus intereses inmobiliarios.
O xacemento arqueolóxico do Castro da Atalaia de San Cibrao ( Concello de Cervo), está en perigo por mor da construción do “Residencial Faro de San Ciprián” (3 edificios con un total de 100 vivendas, promovidos por Promociones San Ciprián, S.L). O Concello deu licencia de obra sendo plenamente consciente de que alí había un castro.
FEITOS:
O 10 de xaneiro de 2008, segundo o informe do arqueólogo Emilio Ramil, na primeira parcela destinada á construción dun edifico de 42 vivendas no castro da Atalaia de San Cibrao quedaba unha área arqueoloxica sen alterar de 200m2 máis outros 60m2 pendentes de escavación, o que fai un total de 260m2.
O 14 de abril de 2008 a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural autoriza movementos de terra e desmontaxe das estruturas localizadas nunha superficie escavada de 68,25 metros.
En consecuencia, quedaron 191,75m2 de área arqueolóxica sen alterar.
Destes 191,75m2 de área arqueolóxica sen alterar só quedan 15m2. Promociones San Ciprián, destruíu completamente o resto da área non afectada do xacemento arqueolóxico inventariado.

Mariña Patrimonio esixe, por tanto, a inmediata paralización das obras no castro da Atalaia e que, a maiores das sancións administrativas que poidan corresponder, se poña en coñecemento do Ministerio Fiscal a reiterada destrución do patrimonio arqueolóxico histórico co agravante de ter provocado a completa destrución dunha parcela do xacemento arqueolóxico inventariado.

Exit mobile version