Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Parga explica que “non se culminaron” as expectativas do BNG e felicita ao PP

Nota de Prensa

O BNG SEGUIRÁ A DEFENDER DESDE A OPOSICIÓN OS INTERESES DE TODOS OS VECIÑOS DA MARIÑA, SEGUNDO MANUEL PARGA.
A Mariña, 2 de marzo de 2009. O candidato mariñano do BNG, Manuel Parga, fai “unha valoración positiva en canto á participación nas eleccións de onte. Houbo unha participación alta e os cidadáns decidiron darlle o goberno con maioría absoluta ao PP, polo tanto felicitamos ao PP polo seu triunfo e evidentemente temos que dicir que as nosas expectativas non se culminaron”. Parga sinala que “polo tanto nos toca agora desde a oposición, desde unha oposición constructiva seguir a defender o que nós consideramos que son os intereses do país… imos seguir traballando con toda a nosa forza coma fixemos sempre”.
Manuel Parga engade que “desde o Goberno cremos que se fixeron moitas cousas positivas e moi importantes para Galiza e a situación de crise económica na que se deu este contexto de campaña electoral pois fixo que as percepcións destes avances que nós defendíamos en todo momento non fosen recibidos con toda claridade por parte da cidadanía. Nese senso temos que dicir que nós vamos seguir traballando e defendendo os intereses de todos os veciños e veciñas da Mariña”.
Parga Núñez déulles “ánimo ás nosas bases polo traballo realizado tanto nesta campaña como nos últimos meses e anímoos a seguir nesa liña”.

Exit mobile version