Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera mala a situación económica de Burela e ve o pleno vacío de contido

NOTA DE PRENSA
O GMPP de Burela insiste en que o bigoberno non tén proxecto.

Luis Pedre considera que o pleno do vindeiro xoves está vacío de contido.

Afirma que xá había consello escolar municial e que a situación económica do concello é mala.

O GMPP de Burela, a través do seu concelleiro Luis Pedre, vén de reiterar que o bigoberno municipal carece de proxecto para Burela, porque a orde do dia do pleno do vindeiro xoves só a creación do Consello Escolar municipal e dar conta da liquidación do presuposto do ano pasado.

Pedre lembra que o Consello Escolar municipal foi creado polo PP, e que o bigoberno nunca o reuniu; agora parece, segundo Pedre, que ó millor hai algo que esixir co cambio na Xunta, cando en dous anos nin se dignaron a convocalo, o que non deixa de ser chocante, porque cando gobernaba o PP pedían continuamente que se reunira.

No tocante á dación de conta da liquidación do presuposto municipal de 2008, Pedre adianta que a situación económica do concello non é precisamente boa, porque hai factuas pendientes de pago por importe de cáseque dous millóns de euros, mais exactamente, un millón oitocentos mil euros, ou sexa, trescentos millóns das antigas pesetas.

Pedre asegurou que, unha vez máis, será o PP o que fale dos problemas dos cidadáns nos turnos de mocións e rogos e preguntas.

Luis Pedre remata a nota asegurando que se levan así dous anos, sen levar a pleno ningún asunto que serva para millorar a calidade de vida dos cidadáns deste concello. A paralisis do bigoberno é evidente, e non se atisba ningunha posibilidade de que o asunto millore, porque afecta ó PSOE e ó BNG. Burela non se merece un alcalde que non é capaz en dous anos de presentar ningún proxecto ilusionante para os veciños.

Exit mobile version