Site icon Crónica3.com A Mariña

Insiste o PP de Burela en que é preocupante a situación do Concello

NOTA DE PRENSA
GMPP DE BURELA

O GMPP de Burela reitera que a situación económica é preocupante.
Os populares din que ninguén pode negar que o consello escolar xa existía.
Consideran patéticas as respostas do alcalde ás preguntas formuladas no pleno.

O GMPP reiterou hoxe mediante unha nota de prensa que a situación económica do Concello é preocupante, a tenor da liquidación do presuposto de 2008, que di que o concello gastou máios douscentos millóns de pesetas do recaudado. Os populares afirman que as facturas que hai pendientes de pago nestes momentos rondan os trescentos millóns das antigas pesetas, e este é un feito que non se pode negar, agravado co retraso nos pagos ás pequeñas e medianas empresas e autónomos.
Os populares lembran que se o remanente de tesorería é positivo porque se computan os fondos que o concello ainda tén para Torrentes, que corresponden ó  presuposto de 2006, elaborado polo PP, e pídenlle a Nieves Cando que non engane, porque eses cartos se veñen tendo ano trais ano, pero só se poden gastar en Torrentes. Unha cousa é a liquidación do presuposto do ano 2008, e outra distinta é o remanente de tesorería.
A pregunta é mui clara, ¿débense trescentos millóns de pesetas en facturas, sí ou non? ¿É certo que o concello gastou algo máis de douscentos millóns de pesetas que non se ingresaron, sí, ou non? O peor é que nin Nieves Cando, convertida en portavoz do PSOE, nin o propio alcalde, dixeron nada sobre o cambio de rumbo da economía do concello, que xa está abocada ó descontrol do gasto, a política da parranda, e a despreocupación polos proxectos de futuro.
Ademais, e en relación co pleno ordinario celebrado onte, ninguén negou, nin o PSOE nin o BNG,que se tivese reunido o Consello Escolar Municipal na época do PP. O que resulta chocante é que o alcalde atribuiuse algúns logros da anterior etapa do PP en materia educativa, con tal descaro, que hasta dixo que o pavillón dos institutos fora obra del. O que sí é certo é que en catro anos o bipatito da Xunta non aportou nada en materia de educación para Burela, e o traballo destes dous anos de bigoberno burelés nesta materia son nulos. A gardería, a escola de Música, o pavillón indicado, o Bacharelato de Artes, son logros da etapa do PP no Concello e na Xunta.
En relación coas moción presentada polo PP sobre a axilización dos trámites administravios e a obra de Torrentes, que levan un ano de retraso, o alcalde eludiu calquera responsabilildade, esquecendo que os trámites do rexistro tén que axilizalos e movelos o propio concello, co que non se comprometeu a fixar ningún plazo.
No tocante á moción presentada polo PP na que se solicita que se reduzan un sesenta por cento as contías da partida de gastos diversos das distintas delegacións, a negativa do bigoberno foi tal que este será o primeiro ano no que as asociacións e colectivos bureleses queden sen axudas directas do Concello, co que a súa actividade verase limitada. Resulta chocante que os que antes pedían que se deran máis cartos ós colectivos, sexan agora os que non queren reducir os cartos que adican a parrandadas para que as asociación poidan traballar cun mínimo de dignidade.
Por último, en relación coas preguntas que lle foron formuladas ó alcalde, resultan patéticas as respostas que deu: dixo que a área de autocaravanas estaba ben, cando día sí, e día tamén presenta un estado lamentable. Manifestou que “xa se lles dixo ós da Deputación” o mal estado en certos puntos da bionda da estrada Burela-San Cibrao, esquecendo que hai seis meses votou en contra dunha moción presentada polo PP. Non lle deu ningunha importancia á falla de luz no paseo do Cantiño, e en relación coa obra da Deputación do POL 2006 A Casilla-A Marosa, non foi capaz a decir claramente que xestións fixo, e que prazos se van a seguir para facer tal obra.
En resumen, a incapacidade de xestión dos membros do bigoberno burelés é manifesta, o que repercute negativamente en todos os vecinos e veciñas, que ven como pasa a lexislatura e non se fai nada productivo, agás propaganda e publicidade dos membros do bigoberno, que agora aproveitan a mínima para facerse a foto, en vez de traballar e aportar proxectos ilusionantes e de futuro para o concello e os vecinos.

COMIDA DO PP DE BURELA.
Mañá, sábado, o PP celebrará unha comida de afiliados e simpatizantes, á que asistirán o presidente provincial, José Manuel Barreiro e o Secretario Xeral provincial, José Manuel Balseiro. Esta comida servirá para agradecer o traballo de interventores e apoderados e para preparar o traballo de cara ós próximos meses hasta as eleccións europeas e tamén de cara ás municipais.

Exit mobile version