“O proceso atópase no momento de levantamento de actas previas, que será un dos aspectos que se abordarán nas intervencións, xunto a outros temas, como os dereitos dos propietarios dos terreos en materia de expropiación forzosa ou os trámites administrativos que require unha expropiación”, explica Unións Agrarias.
Nota de Prensa
O acto terá lugar mañá venres, día 6, na Áula de Formación do Concello de Xove, ás 21:00 horas
Unións Agrarias organiza una charla informativa sobre a expropiación de terreos para a Vía Rápida Costa Norte
Unións Agrarias organiza mañá venres, día 6, en Xove, unha charla informativa sobre a expropiación de terreos para o tramo de próxima construción Celeiro-San Cibrao, da Vía Rápida Costa Norte, que descorrerá entre Ferrol e Cervo.
O proceso atópase no momento de levantamento de actas previas, que será un dos aspectos que se abordarán nas intervencións, xunto a outros temas, como os dereitos dos propietarios dos terreos en materia de expropiación forzosa ou os trámites administrativos que require unha expropiación.
Para este treito, as expropiacións comezan o vindeiro día 9 de marzo en Xove e rematan o 18 de marzo en Viveiro.
O acto celebrarase na Áula de Formación da Casa do Concello de Xove, mañá venres, ás 21:00 horas. Os relatores serán Hilario Moliner, responsable comarcal de Unións Agrarias na Mariña de Lugo, e José Antonio Diéguez Otero, presidente de Vento Noso e da CMVMC Faro de Argozón, de Chantada.