CERVO .- O Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra este sábado o seu I ANIVERSARIO presentando a memoria de actividades 2008 e o calendario de actos para este ano. Trala presentación haberá un ágape e repartiranse memorias, dípticos, chapas e adhesivos da asociación entre o público asistente. O acto, aberto ao público xeral e aos medios, terá lugar este sábado día 7, a partir das 12.30 no local
‘Caseto de Copa’ de Cervo (Praza do Souto)
NOTA DE PRENSA
A asociación feminista Observatorio da Mariña pola Igualdade celebra este sábado no local Caseto de Copa de Cervo o seu I ANIVERSARIO de vida, coincidindo ademais co Día da muller. O acto/festa de aniversario dará comezo ás 12.30, cunha presentación pública cara aos medios de comunicación e cara ao público en xeral da memoria de actividades 2008, que se entregará ao público asistente. Ademais, presentarase o calendario de actividades para este ano 2009, no que o Observatorio continuará no seu empeño de organizar e desenvolver proxectos a prol da igualdade de xénero en diferentes vilas mariñás. Por último, varias membras do Observatorio explicarán a súa experiencia e dinámica de traballo dentro da organización.
A conmemoración do I Aniversario do Observatorio da Mariña pola Igualdade concíbese como unha xornada de portas abertas á que están invitadas (ademais dos medios de comunicación) todas as persoas que queiran coñecer máis de preto os proxectos desta asociación feminista que traballa polo empoderamento das mariñás.
Por este motivo, trala presentación pública repartiranse entre as e os asistentes
memorias dos actos do 2008, trípticos sobre as liñas directrices que moven á
asociación, chapas coa imaxe corporativa, calendarios de peto, así como os novos
adhesivos do Observatorio. Ademais, haberá un ágape e un espazo de convivencia ao
que están convidadas todas as persoas presentes no acto.