Unha ducia de establecementos hostaleiros participan o sábado 14 na XVI edición da Festa do Ourizo en San Cibrao. Os locais participantes ofertarán ourizo preparado en distintas especialidades. Esta celebración está declarada Festa de Interese Turístico Galego.