Site icon Crónica3.com A Mariña

Exposición fotográfica e cursos de informática en Xove

XOVE .- Dende o pasado 19 e ata o 30 de marzo vai estar aberta na Sala de Exposicións do Centro Cívico de Xove a “EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA SUBMARINA”, composta por 40 fotografías dun concurso de fotografía subacuática e na cal se pode ver unha ampla representación da fauna mariña da nosa zona. A Exposición está aberta de 18:00 a 21:00 horas. A organización da mesma corre a cargo da Federación Galega de Actividades Subacuáticas e Actividades Subacuáticas de Viveiro.

CURSOS DE INFORMÁTICA EN XOVE

Dende a Concellería de Servizos Sociais e a través da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) puxéronse en marcha tres CURSOS DE INFORMÁTICA:

-CURSO MULTIMEDIA.- Dirixido a adultos e maiores de 13 anos, no mesmo vanse tratar os seguintes temas: edición de vídeos, álbumes de fotos e vídeos fotográficos. Vai comezar o luns 20 de abril e durar 1 mes, con clases tres días á semana, 1´15 horas cada clase.

-CURSO DE MANEXO DO TELÉFONO MÓBIL.- Dirixido a maiores de 50 anos, vai dar inicio o martes 21 de abril. Vaise desenvolver en horario de tarde, e terá unha duración tamén de 1 mes, 1 día á semana, 1 hora cada día.

-CURSO EXCEL AVANZADO.- Dirixido a maiores de 13 anos. Comezará o 25 de maio, cunha duración de 1 mes, repartido en tres días á semana, 1´15 horas cada día.

O prazo de inscrición rematará o 8 de abril, sendo a inscrición totalmente gratuíta. Dada a capacidade da aula de impartición, o número de prazas postas a disposición dos veciños/as é limitada. O lugar de impartición e desenvolvemento dos cursos vai ser a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Exit mobile version