Site icon Crónica3.com A Mariña

Entrega de diplomas de “Seguridade viaria e no traballo” en Xove

O sábado 7, de marzo, ás doce e media da mañá, no Salón de Plenos do Concello de Xove, entregaranse diplomas aos 30 participantes  no Curso “SEGURIDADE VIARIA E SEGURIDADE NO TRABALLO PARA CONDUTORES DE MAQUINARIA AGRÍCOLA E FORESTAL”, impartido por persoal de Consultaría Natutecnia, realizado no Concello de Xove, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Consellería do Medio Rural. O acto de entrega vai ser presidido polo Alcalde Demetrio Salgueiro, acompañado da Concelleira do ramo Dolores Meitín.

Exit mobile version