O rexedor sinalou que “estas catas, que se están facendo en tres ámbitos duns 25 metros cadrados cada un de superficie, entendemos que durante un mes van botar luz e van arroxar moita información sobre as potencialidades que poida ter este castro. Haberá que datar a ver en que época concreta se sitúa si antes ou durante a romanización, e entendemos que isto pode ser moi importante desde o punto de vista arqueolóxico e tamén desde o punto de vista turístico para Ribadeo”.
Suárez Barcia engadiu que “si o resultado destas escavacións arqueolóxicas, que están dirixidas por persoal técnico cualificado, arroxan información a Dirección General de Costas podería sufragar a escavación total deste castro, pero hai que ser cautos e prudentes ata que se remate este estudio e ver si a información que sae á luz fai relevante que este castro se poida desenterrar”.
As excavacións foron visitadas este mediodía polo alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, e polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro.