CERVO .- Catro proxectos propostos polo Concello de Cervo recibiron 332.181 euros con cargo ao Fondo de Investimento Local. As inversións corresponde ao acondicionamento e urbanización das rúas As Areas e Rosalía de Castro en San Ciprián, 83.839,14 euros; apertura dunha nova rúa desde o Centro de Saúde ata a praza Federico Mon en Cervo, 197.246,56 euros; acondicionamento de terreo para instalacións municipais no contorno da Piscina Municipal de Lieiro, 132.445,49 euros e conexión da rede de saneamento no lugar de “O Tellado” en Espiñeirido, 61.014,46 euros.
Nota de Prensa
As actuacións obxecto de financiamento foron seleccionadas polo Goberno Municipal despois de valorar as suxestións dos alcaldes pedáneos das distintas parroquias e de facer un estudo pormenorizado das necesidades do municipio
CATRO PROXECTOS PROPOSTOS POR CERVO RECIBEN 332.181 EUROS CON CARGO AO FONDO DE INVESTIMENTO LOCAL
• O libramento de fondos ten por obxecto financiar o 70% do custe de varias actuacións, entre as que destaca o acondicionamento de varias vías en San Ciprián, a creación dunha nova rúa en Cervo e a conexión da rede de saneamento en Espiñeirido.
Cervo, 24 de marzo de 2009.- Catro proxectos propostos polo Concello de Cervo recibiron no dia de hoxe 332.181,95 euros con cargo ao Fondo de Investimento Local. A devandita achega ten por obxecto financiar o 70% do custe de varias actuacións que se desenvolverán tanto na zona urbana como nas parroquias do rural. O Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, explicou que todas elas foron elixidas polo Goberno Municipal despois de valorar as suxestións dos alcaldes pedáneos e facer un estudo pormenorizado das principais necesidades municipais.
En total o Concello de Cervo presentou nove proxectos para obter o financiamento preciso polo Ministerio de Administracións Públicas. Catro deles recibiron a súa achega o pasado 16 de marzo e catro proxectos máis, obteñen no día de hoxe a correspondente transferencia. Queda pendente o oitavo proxecto que probablemente recibirá o libramento de fondos nos vindeiros días. As actuacións beneficiarias no día de hoxe son:
– Acondicionamento e urbanización das rúas As Areas e Rosalía de Castro en San Ciprián. Cun orzamento total de 83.839,14 euros
– Apertura dunha nova rúa desde o Centro de Saúde ata a praza Federico Mon en Cervo. Cun orzamento de 197.246,56 euros.
– Acondicionamento de terreo para instalacións municipais no contorno da Piscina Municipal de Lieiro Cun orzamento total de 132.445,49 euros
– Conexión da rede de saneamento no lugar de “O Tellado” en Espiñeirido. Cun orzamento de 61.014,46 euros.
A través do Plan de Investimento Local preveuse a achega dun total de 845.295,90 euros para Cervo cos que se cuantifican xerar un total 42 postos de traballo a través das empresas que desenvolverán as distintas actuacións.