BURELA (FNC) .- O Concello de Burela estudia participar, segundo a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza, en todos os ciclos de cine que organiza ao ano a Rede Galega de Concellos para a Sostibilidade (do que forma parte Burela) “porque nos parecen de moito interés para a poboación”.
O 1º ciclo que se poderá ver en Burela é o que comenza este sábado 7 de marzo ás 11:30 da mañá no Auditorio da Casa da Cultura coa proxección da película Wall-E. Batallón de limpeza. Trátase “dun filme de animación sobre os patróns de consumo e a súa repercusión no medio ambiente”. O venres 20 de marzo ás 18:30 horas será a segunda das proxeccións con Glup “unha aventura sen desperdicio que aborda o tema da reciclaxe e o verdadeiro valor das cousas”, segue a contar Lucía Bouza. E o 28 de marzo pecharáse este ciclo coa película El espíritu del bosque “que trata sobre a protección dos bosques fronte aos intereses económicos”.
Lucía Bouza sinala que as proxeccións son gratuitas e adicadas ao público en xeral “aínda que a primeira delas está máis encamiñada aos nenos. As dúas monitoras da Aula de Gaia acompañarán aos asistentes nos pases e despois daránlles explicacións dos aspectos analizados nas películas”.
O ciclo de cine Medio Ambiente Imaxinado é unha iniciativa da Rede Galega de Concellos para a Sostebilidade coa colaboración da FEGAMP, a Consellería de Medio Ambiente e a Fundación Caixa Galicia. Unha actividade que está incluida na programación de primavera que o Concello de Burela estrea mañá cunha obra de teatro.