BURELA (FNC) .- Burela celebra mañá sábado o día da árbore con diversas actividades enfocadas aos nenos de 3 a 12 anos, segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A cita será ás 12:00 do mediodía no Parque Tíjola “onde plantaremos unha árbore e despois as monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia realizarán actividades didácticas cos nenos que asistan a esta celebración. Os rapaces van recibir material didáctico sobre o mundo da árbore”. Bouza anima aos nenos a participar neste día “tal e como fixeron noutras ocasións porque as actividades que imos desenvolver son de interese para todos eles”.