BURELA (FNC) .- Burela celebra mañá sábado o día da árbore con diversas actividades enfocadas aos nenos de 3 a 12 anos, segundo explica a edil de Medio Ambiente, Lucía Bouza. A cita será ás 12:00 do mediodía no Parque Tíjola “onde plantaremos unha árbore e despois as monitoras da Aula Medio Ambiental Gaia realizarán actividades didácticas cos nenos que asistan a esta celebración. Os rapaces van recibir material didáctico sobre o mundo da árbore”. Bouza anima aos nenos a participar neste día “tal e como fixeron noutras ocasións porque as actividades que imos desenvolver son de interese para todos eles”.
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Burela celebra o Día da Árbore con actividades para nenas e nenos
Relacionado
-
Balseiro esixirá no Senado a mellora e a prolongación do terceiro carril en sentido ascendente da N-634 entre Mondoñedo e A Xesta
-
Rinlo acollerá a segunda mexillonada o vindeiro 18 de abril
-
Míriam Bermúdez: “O PP da alcaldesa 60K copia agora a proposta do BNG para a Policía Local que antes bloquearon, coa complicidade de Por Viveiro”