Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros deu permiso para o parque de bombeiros e o alcalde insta ao Consorcio a poñelo en marcha

BARREIROS .-  O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, di que cumpriu coa súa promesa. O rexedor acaba de sinalar que “como me tiña comprometido e como non podía ser doutra forma con respecto ao parque de bombeiros, eu sempre dixen que no momento no que tivese o informe de Sanidade que era preceptivo para conceder a licencia o ía facer. Non obstante eu sigo insistindo a día de hoxe das deficiencias que pode ter ese parque antes de apertura. E como me comprometerá, hoxe nunha xunta de goberno se concedeu a licencia de apertura ó parque de bombeiros de Barreiros. O informe chegou onte e hoxe se concedeu a licencia de apertura e así é como hai que traballar e así é como o viñen demandando sempre, que cando tivera todos os papeles aquí se concedería a licencia e hoxe ten a licencia concedida o parque na xunta de goberno que celebrou este mediodía”.
Fuente Parga engade que “agora quen ten que traballar é o Consorcio, ten que poñer en marcha parque, dotalo, traer os camións e eso é o que veño demandando eu, basta xa de anuncios e de presentar cousas, hai que traer o persoal, hai que traer os camións e hai que poñer a funcionar o parque e eso é o que hai que facer sen máis. E sigo insistindo, qué falta o acceso aí está a finca do Concello para dar acceso a ese parque si é necesario, qué hai que facer obras de auga para que carguen os camións pois hai que facelas. Agora xa está en mans do Consorcio, se lle comunicará en breve á Deputación a concesión da licencia e que a Deputación tire para adiante xa, que eso era o que queríamos todos”.
Sobre as posibles obras a acometer no parque de bombeiros de Barreiros, o alcalde manifestou que “eso agora está en mans do Consorcio, ou ben o Consorcio ou ben a Deputación si queren facer obras de melloras, accesos, acondicionamento… terá que presentar os documentos necesarios no Concello ou diante de quen sexa. Hai que seguir adiante”.

A COMISIÓN DE GOBERNO CONCEDÉULLE LICENCIA DE APERTURA Ó PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS.
Barreiros, 27 de marzo de 2009. Acaba de rematar no Concello de Barreiros a comisión de goberno na que se lle concedeu licencia de apertura ó parque comarcal de bombeiros.
Minutos antes de dar comenzo esa xuntanza, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, sinalaba que “gracias a todo o que saiu estes días nos medios de comunicación sobre o parque de bombeiros, a Consellería de Sanidade xa emitiu o informe do que estábamos pendentes. Nesta mesma semana viñeron buscar documentación e onte xa se trouxo ese informe que recibimos a última hora do día”. O rexedor dicía que “o que imos facer agora desde o Concello, tal e como veño decindo sempre, é tramitar a licencia de apertura dese edificio. Nós non podíamos seguir os trámites sen ter ese documento, desde onte xa o temos e imos velo cos servizos xurídicos e co arquitecto e si pode ser tratado na comisión de goberno de hoxe será tratado e senón quedará para a vindeira”.
Fuente Parga engadía que “a nosa intención é aperturar o parque de bombeiros canto antes como veño decindo desde o primeiro día, polo tanto nesa situación é na que estamos agora mesmo. Entendemos que o queremos é sacar para adiante canto antes o parque e por eso se suspendeu a rolda de prensa que íamos dar hoxe para poñer enriba da mesa a situación na que estaba o parque e quen era o responsable ata este momento. O Concello agora ten todos os documentos e iniciaremos a súa tramitación… si pode ser na comisión de goberno de hoxe será e senón quedará para a vindeira, pero tratarase evidentemente de forma urxente para que poida ter autorización canto antes ese parque comarcal de bombeiros”.

Exit mobile version