Site icon Crónica3.com A Mariña

Barreiros celebrará o Día da Muller cunha exposición

BARREIROS (FNC) .- Barreiros traslada os actos do día da muller para o vindeiro mércores 11 de marzo, segundo explica a concelleira Adela Rodríguez, “para non interromper e non coincidir coa feira que se celebra o domingo en San Miguel”.

As concellarías de Muller e Familia e Servizos Sociais organizan unha exposición coa colaboración da Asociación de Amas de Casa, a Asociación de Mulleres Rurais, Afamer e a Asociación Cultural de Reinante que se inaugurará o mércores ás 18:30 horas no Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Adela Rodríguez sinala que “é unha exposición de pinturas e traballos manuais feitos en tela, en latón, en cerámica, ademais de toallas, manteis e algo de tear tamén haberá dado que as distintas asociacións fan diversos cursos e aquí estarán reflectidos todos”.

Na inauguración intervirán as responsables de Muller e Servizos Sociais e o alcalde, Alfonso Fuente e a continuación serviranse uns petiscos entre os asistentes.

O horario de apertura desta exposición será o mércores de 18:30 a 20:00, o xoves e venres de 16:00 a 19:00 e o domingo de 12:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version