Site icon Crónica3.com A Mariña

Balseiro será proposto polo PP como secretario do Parlamento

A MARIÑA.- O presidente do Grupo Parlamentario Popular e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na noite de onte, no programa “Hai debate” da TVG que, o Grupo Parlamentario Popular vai propoñer a Xosé Manuel Balseiro como secretario da Mesa. Feijóo comunicou esta mesma mañá ao parlamentario electo a decisión, unha vez escoitados oralmente e por escrito, as opinións dos deputados electos populares, os presidentes provinciais e o secretario xeral do partido.

Con estas nomeamentos queda pechada a proposta da Mesa do Grupo parlamentario popular que será votada, o vindeiro 1 de abril, na sesión constitutiva da Cámara galega. A presidencia recairá na deputada popular Pilar Rojo, a vicepresidencia no deputado Manuel Baltar e a secretaría corresponderá a Jose Manuel Balseiro

BALSEIRO

Xosé Manuel Balseiro naceu en Ferreira de Valadouro, está casado e ten dous fillos. Exerce en Cervo dende 1999 o posto de Primeiro Tenente de Alcalde do Concello e responsable da portavocía do PP en Cervo. Forma parte do Comité de Dirección do Partido Popular de Galicia e é Secretario Xeral do PP de Lugo

Balseiro é deputado no Parlamento de Galicia dende 2005 na VII Lexislatura foi Voceiro de Pesca do Grupo Popular, membro da Comisión permanente non lexislativa para as relacións co Consello de Contas e da Comisión do Regulamento.

Exit mobile version