A Concellaría de Cultura e Xuventude de Cervo informa de que o xoves 12 de marzo remata o prazo para pedir axudas para a realización de cursos de idiomas na Unión Europea. As persoas interesadas deberán ter entre 18 e 30 anos ao remate do prazo de presentación de solicitudes, residir en Galicia e non estar matriculado no curso académico 2008/2009 en ningún centro universitario. O curso terá, polo menos, tres semanas de duración, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais entre o 1 de xuño e o 30 de outubro do ano 2009. A contía ascenderá a 1.400 euros para o curso de tres semanas, 1.650 euros para o curso de catro semanas e 1.800 euros para o curso de cinco semanas ou máis.
Axudas para cursos de idiomas na UE
Axudas para cursos de idiomas na UE
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela