RIBADEO .- A Asociación Atalaia subscribiu o manifesto no que a Fundación Cultura de Paz insta o Goberno e aos nosos representantes parlamentarios a contemplar medidas contra o cambio climático e medidas económicas que garantan o dereito de existencia de toda a poboación, é dicir a aplicación da Renda Básica da Cidadanía, un dereito polo que a Rede Renda Básica leva pelexando desde hai anos.
Noutro momento histórico a conquista das nosas sociedades foi conseguir a democracia política (dereito ao voto). Pero nas condicións actuais, esta conquista debe estenderse a unha democracia económica (dereito a un ingreso básico polo feito de ser cidadán) que garanta a todas as persoas unhas percepcións económicas mínimas que lles permitan vivir dignamente, unha Renda Básica de Cidadanía (RBC). Esta medida xa está a ser aplicada, en forma total ou parcial, en Canadá, Alaska, Brasil?
O Grupo Parlamentario de Esquerra Republicana, a iniciativa do Deputado, Joan Tardà i Coma , presentou unha Proposición de Lei da Renda Básica que foi rexeitada no 2007 polo Congreso de Deputados.
En Atalaia, coa firma deste Manifesto, iniciamos a primeira acción para que a xente teña coñecemento deste dereito e para conseguir erradicar a pobreza co que o do Estado de Benestar sería unha realidade