RIBADEO .- Os vendedores ambulantes que levan once semanas sen instalarse no mercado de Ribadeo decidiron pagar as taxas que deben no Concello para poder colocar de novo o seu postos o vindeiro mércores, aínda que seguen considerando que as tarifas son excesivas. De todos os xeitos continúan coa súa reclamación por vía xudicial e esperan que o Concello ribadense sexa condenado a devolverlles o diñeiro e a reformar a ordenanza municipal que regula os prezos polos postos do mercado semanal. Así o explicou o portavoz dos ambulantes, Javier Rouco, en declaracións a Onda Cero A Mariña (102.3 FM), emisora que adiantou a noticia.
Rouco comentou que os vendedores tomaron esta decisión por unanimidade nunha reunión celebrada hoxe, mércores, en Ribadeo logo de escoitar os consellos da avogada que lles leva o caso.