XOVE .- Alumnos da escola de maiores de Xove visitaron lugares emblemáticos de Castropol e Barres. No percorrido viron o Pazo Valledor, o Parque Vicente Loriente,a praia de Penarronda e un asteleiro de Ribeira, esntre outos. Na viaxe participaron 34 persoas que foron acompañadas pola educadora familiar Angélica Casabella e a concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
NOTA DE PRENSA.-
VIAXE DA ESCOLA DE MAIORES A CASTROPOL
Un total de 34 persoas da Escola de Maiores, acompañadas pola Educadora Familiar Angélica Casabella e a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad, realizaron unha visita cultural á localidade de Castropol.
Visitaron o pobo de Castropol e os seus lugares máis emblemáticos (Pazo Valledor, Parque Vicente Loriente, Casas-pazos de Castropol, Casa Cultura-Casino). Pola tarde, continuaron o percorrido visitando a praia de Penarronda en Barres, a empresa “Fomento Vexetal” (importante viveiro de plantas forestais e ornamentais) e os astaleiros de Ribera (onde coñeceron o proceso de elaboración artesanal das embarcacións).