Site icon Crónica3.com A Mariña

ADEGA propón ao novo goberno un compromiso coa Terra sen volta atrás

SANTIAGO .- Na nova lexislatura, ADEGA demanda que se consoliden os avanzos ambientais encetados na etapa anterior, se subsanen as eivas e se camiñe máis decididamente cara a sustentabilidade. O que nunca poderemos apoiar é unha volta atrás, unha involución ambiental que bote por terra algunhas conquistas históricas do movemento ecoloxista: Lei de Defensa dos Ríos e paralización das minicentrais; Lei de Residuos e Plano de RSUs orientado á reciclaxe; Lei de Medidas Urxentes e moratoria urbanística no litoral; Lei da Paisaxe; blindaxe da Rede Natura no decreto eólico; novos espazos protexidos e proposta de ampliación da Rede Natura; participación social nos organismos consultivos, entre outras. Agardamos que o PP non repita os erros que anteriormente cometeu. As desfeitas teñen nome e lugar no mapa: Prestige, SOGAMA, Plano Hidroeléctrico, Plano Acuícola, Plano Eólico, Xistral, Courel, Rinlo, Cabo Vilán, Umia, Ulla, Ézaro… pero tamén fican na conciencia dunha cidadanía que malia a mudar o goberno, conserva a memoria.
Baixa as Propostas ADEGA NOVO GOBERNO 09.pdf Propostas de ADEGA (50.79 KB) (texto completo).

Exit mobile version