ADEGA lanza á rúa un último número dos ADEGA-Cadernos, unha publicación técnico-científica realizada por expertos que trata especificamente unha temática en particular relacionada co medio ambiente galego a xeito de monográfico. Na súa última edición, o número 18, fai unha análise en profundidade da situación que presenta Galiza con respecto á xestión dos lodos de depuración.