SANTIAGO .- O 26 de marzo o Parlamento Europeo aprobou o Informe AUKEN sobre a desfeita urbanística en España. A asociación ecoloxista galega ADEGA, considera que isto representa un ladrillazo na cara de políticos e especuladores urbanísticos. Aínda que non é unha lei de obrigado cumprimento, cuestiona a política urbanística do Estado e das autonomías e obrigará ás administracións a renegociar acordos diante dos poderes europeos. Entre outras medidas, o informe pide conxelar os fondos comunitarios a España si non se remata cos abusos urbanísticos. A resolución, elaborada pola deputada verde danesa Margrete Auken, pide suspender e revisar todos os novos planos urbanísticos que non respecten o medio ambiente así como anular os PXOMs e outras figuras de planexamento que non se axusten á lexislación comunitaria. O informe tamén denuncia que “todas as administracións –central, autonómicas e locais– son responsábeis dun modelo de desenvolvemento insustentábel, que tivo gravísimas consecuencias, ambientais, sociais e económicas”. Qué vai pasar coa moratoria dos 500m, que caduca en mes e medio e co Plano do Litoral en trámite? Que vai facer Feijoo co Plano Acuícola, o de Portos Deportivos, o “axente urbanizador”… diante deste demoledor informe europeo?
ADEGA considera que o “Informe Auken” representa un ladrillazo para os especuladores urbanísticos
ADEGA considera que o “Informe Auken” representa un ladrillazo para os especuladores urbanísticos
Relacionado
-
O PP pedirá o apoio na Deputación para esixir ao Goberno central a convocatoria da mesa de Alcoa e medidas de apoio para garantir a viabilidade da planta da Mariña
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Arrincou en Ribadeo o ciclo de charlas da FCAM sobre o futuro laboral na Mariña