Site icon Crónica3.com A Mariña

Actividades en Burela para conmemorar o Día da Árbore

BURELA (FNC) .- O día 21 de marzo adicado á árbore baixo o lema Ti tamén podes dar vida, pranta una vida, as monitoras do Centro de Educación Medioambiental Gaia, acompañadas da edil de Medio Ambiente Lucía Bouza dedicaron a xornada do a plantar dúas especies (un castiñeiro e un bidueiro ) nos xardíns do Parque de Tíjola ás 12:00 do mediodía.

Máis de 15 nenos acompañados dos seus pais/ nais colaboraron na plantación das árbores e aproveitaron para facer actividades relacionadas coas nosas árbores autóctonas, coñecendo un pouco máis o mundo das plantas, como son as árbores do noso entorno, relacionaron as árbores co seu froito, que animais se alimentan e teñen as súas casas nas árbores e outras moitas curiosidades que nos serven para coñecer a súa importancia.

Todos os nenos que participaron recibiron numerosos regalos: unha prata de castiñeiro ou bidueiro en conmemoración da celebración do día da árbore, lápices, e incluso unha landra para que la planten. As monitoras de Gaia, a través desta actividade, sensibilizan aos máis pequenos da importancia e conservación dos nosos bosques, non só unha vez ao ano, senón todos e cada un dos días “porque debemos respectar a natureza que nos rodea”.

Durante toda esta semana e dentro das actividades extraescolares (totalmente gratuítas) que as monitoras levan a cabo nos centros de ensino realizarán diversas actividades relacionadas co mundo das árbores (murais informativos con material didáctico, contos sobre as árbores, fichas…) nos dous centros de ensino. Así mesmo Gaia vai repartir varias especies de árbores nos centros para que os planten ao longo da semana. Son: CEIP VISTA ALEGRE, CEIP VIRXE DO CARME, IES MONTE CASTELO, IES PERDOURO, GALOESCOLA, CENTRO DE ACOLLIDA e ASOCIACIÓNS (LEDICIA, CAMIÑA e FUNDACIÓN PARA A PROTECCIÓN DE DISCAPACITADOS PSÍQUICOS DE BURELA-A MARIÑA).

Exit mobile version